23 de abril, Día do Rocho

Unha celebración para cada día… mesmo varias.

O calendario español está cheo de actos a prol da difusión de contidos relacionados con actividades necesitadas dunha maior presenza pública: reivindicacións sociais, laborais, ou culturais, sucédense ao longo do ano con maior ou menor seguemento por parte dunha sociedade máis atenta ás festas gastronómicas.

E cada primavera, o libro é o centro da atención, repetindo para logralo un esquema prácticamente invariable dende hai décadas; nel, as editoriais ateigan casetas a pé de rúa coas súas publicacións, os autores asinan exemplares… demasiado previsible. Quizáis porque, como elemento difusor da cultura durante séculos, o libro goza dun prestixio máis que merecido, a estas alturas do milenio ten o favor dun público incondicional que non se cuestiona o deber de continuar apoiando a produción masiva de libros.

Sen embargo, hai algunhas cuestións relativas ao libro como obxecto físico que convén revisar de cando en vez.

Así, poderiamos prestar atención a algunhas cifras, como o número de títulos publicados en España durante 2017; grazas a eses datos, sabemos que foron case 90.000, cun salientable incremento con respecto ao ano anterior. Esto convida a reflexionar sobre o número de exemplares resultantes de multiplicar aquela cifra pola cantidade de cada edición. E finalmente poñer sobre a mesa o custe real da fabricación de cada libro dende o punto de vista medioambiental, xa que o papel (aínda que proveña de materia prima sustentable, ou reciclado) segue a requerir dun gran volume de auga, axentes químicos, e enerxía no seu proceso de fabricación.

Poderiamos tamén incidir sobre a aportación real á cultura que a posta no mercado de tan enorme cantidade de libros supón. Sabendo -ademais- que unha porcentaxe de cada edición desbotase antes da distribución (taras, erratas…), e outra nunca chegará a seren vendida, a produción de residuos é imparable. Esto obriga á reciclaxe de exemplares novos, consumindo enerxía unha vez máis.

Polo tanto, se a aportación á cultura é relativa, a quén beneficia o comercio editorial? Quizáis a industria do sector teña algo que dicir… xunto coa administración pública e o seu criterio subvencionador.

Como diría Rodrigo Rato ‘es el mercado, amigo’.

Convertido hoxe nun produto de consumo máis, vive a incertidume que a chegada da dixitalización está a supoñer, como volta de rosca na universalización do coñecemento, e o prestixio acumulado non durará sempre, ou en linguaxe bancaria ‘rendabilidades pasadas non garantizan rendabilidades futuras’. E Amazon viu para quedarse.

Sexa como fose, o libro conserva intacta a súa imaxe amable, doadamente reivindicable, incluso na sociedade dixital, que resistese a abandoar o modelo difusor de coñecemento que acompaña a nosa evolución dende que os primeiros prelos comenzaron a imprimir.

Finalmente, unha consideración: o saber sí ocupa lugar; ten sentido a acumulación doméstica de libros que só serán lidos un par de veces nas nosas vidas? ¿ou é só un problema que afecta ao espazo dispoñible en cada vivenda?. Deberiamos reivindicar a celebración do ‘Día do Rocho’ dado o seu lugar como destino final de tantos e tantos libros?

———

Una celebración para cada día… incluso varias.

El calendario español está lleno de actos a favor de la difusión de contenidos relacionados con actividades necesitadas de una mayor presencia pública: reivindicaciones sociales, laborales, o culturales, se suceden a lo largo del año con mayor o menor seguimiento por parte de una sociedad más atenta a las fiestas gastronómicas.

Y cada primavera, el libro es el centro de la atención, repitiendo para lograrlo un esquema prácticamente invariable desde hace décadas; en él, las editoriales abarrotan casetas a pie de calle con sus publicaciones, los autores firman ejemplares… demasiado previsible. Como diría Rodrigo Rato ‘es el mercado, amigo’. Quizás porque, como elemento difusor de la cultura durante siglos, el libro disfruta de un prestigio más que merecido, a estas alturas del milenio goza del favor de un público incondicional que no se cuestiona el deber de continuar apoyando la producción masiva de libros.

Sin embargo, hay algunas cuestiones relativas al libro como objeto físico que conviene revisar de vez en cuando.

Así, podríamos prestar atención a algunas cifras, como el número de títulos publicados en España durante 2017; gracias a esos datos, sabemos que fueron casi 90.000, con un destacado incremento con respeto al año anterior. Esto invita a reflexionar sobre el número de ejemplares resultantes de multiplicar aquella cifra por la cantidad de cada edición. Y finalmente poner sobre la mesa el coste real de la fabricación de cada libro desde el punto de vista medioambiental, ya que el papel (aunque provenga de materia prima sostenible, o reciclado) sigue requiriendo de un gran volumen de agua, agentes químicos, y energía en su proceso de fabricación.

Podríamos también incidir sobre la aportación real a la cultura que la puesta en el mercado de tan enorme cantidad de libros supone. Sabiendo -además- que un porcentaje de cada edición será descartado antes de la distribución (taras, erratas…), y otro nunca llegará a ser vendido, la producción de residuos es imparable. Esto obliga al reciclaje de ejemplares nuevos, consumiendo energía una vez más.

Por lo tanto, si la aportación a la cultura es relativa, ¿a quién beneficia el comercio editorial? Quizás la industria del sector tenga algo que decir… junto con la administración pública y su criterio subvencionador.

Convertido hoy en un producto de consumo más, vive la incertidumbre que la llegada de la digitalización está suponiendo, como vuelta de tuerca en la universalización del conocimiento, y el prestigio acumulado no durará siempre, o en lenguaje bancario ‘ rentabilidades pasadas no garantizan rentabilidades futuras’. Y Amazon vio para quedarse.

Sea como fuere, el libro conserva intacta su imagen amable, fácilmente reivindicable, incluso en la sociedad digital, que se resiste a abandonar el modelo difusor de conocimiento que acompaña nuestra evolución desde que las primeras imprentas comenzaron a producir.

Finalmente, una consideración: el saber sí ocupa lugar; ¿tiene sentido la  acumulación doméstica de libros que sólo serán leídos un par de veces en nuestras vidas? ¿o es sólo un problema que afecta al espacio disponible en cada vivienda?. ¿Deberíamos reivindicar la celebración del ‘Día del Trastero’ dado su lugar como destino final de tantos y tantos libros?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: