Euro-Nadal

O Nadal quedou atrás deixando un recendo de ledicia-melancolía, evidenciado nos ateigados contedores do lixo: a outra faciana da vistosidade que caracteriza a unha das festas máis importantes do calendario anual. Dende un mes antes, os omnipresentes estímulos visuais van conducíndonos sen tregua cara aos días estrela nos que a celebración familiar é o momento... Seguir lendo →

20…18!

2018 da os seus primeiros pasos como calquera outro ano, espreguizándose tras das festas de Nadal. Festas que, coma se un paréntese fosen, conxelan a maioría das rutinas habituais durante varias semanas nas que a cultura occidental mistura espiritualidade e materialismo sen despeitearse. No educativo, ven de supoñer unha fenda considerable no ritmo académico, dada... Seguir lendo →

Semente

Somos habitantes dunha terra vizosa, consumimos produtos hortofrutícolas; estamos, polo tanto, directamente relacionados cun medio natural que fornece de alimentos dende o inicio da civilización humana. E desa relación naceu un equilibrio cada día máis difícil a causa da primacía da cultura urbana coa súa propensión a esquecer o coñecemento da natureza obtido tras séculos... Seguir lendo →

Recursos Educativos Abertos (R.E.A.)

Debe o coñecemento difundirse exclusivamente previo pago?. Partindo desta sinxela pregunta, queremos neste artigo chamar a vosa atención sobre a necesidade de promover o acceso libre aos contidos educativos. Se históricamente o vehículo de transmisión educativa e cultural foi o libro impreso, a aparición das tecnoloxías dixitais supuxo un revulsivo que cada día consolida o... Seguir lendo →

Blog en WordPress.com.

Subir ↑