Imaxina a túa meta

Dende o IES A Guía (Vigo) ofrecennos unha interesante visión da falla de equidade persistente na nosa sociedade arredor das metas vitais que homes e mulleres perseguen. Trátase da reelaboración dun video publicado hai xa varios anos pola ONG Farmamundi, especializada na promoción da saúde integral e a axuda farmacéutica. A versión realizada polo Dpto.... Seguir lendo →

Lecturas para un 8 de marzo calquera…

Celebramos o día da muller traballadora aportando libros ao fondo da biblioteca do noso Centro... pero non calqueira libro, senón unha escolma de textos con clara orientación feminista. Para elo, a ANPA adquiríu 16 títulos (e dalgúns deles varios exemplares) na Librería Nobel da nosa localidade que xa están depositados na biblioteca, entre os que... Seguir lendo →

8 de marzo

Eles sabíano. Elas non. Coma pingas de auga, unha, outra, e outra máis… Cada asasinato dunha delas a man dun deles foi amoreando, sen presa, sen pausa, vítimas do silencio. Eles sabíano. Elas calaban. Mentres, aquel río de dor comezou a fluir por entre as fendas da desigualdade, por baixo dos alicerces dos avances sociais,... Seguir lendo →

Arredor do 25-N

O sábado 25 tivo lugar un dos actos reivindicativos a prol da eliminación da violencia de xénero. Organizado polo Concello de Marín, o acto reuníu a diversos colectivos aos que se lles recoñeceu o seu labor na loita por unha sociedade sen violencia contra as mulleres. E alí estivemos, representados pola nosa presidenta, para manifestar... Seguir lendo →

Qué é o feminismo?

Con seguridade, hai máis de unha acepción, pero se queres coñecer por algunhas das súas defensoras cómo definilo na nosa cidade, entón non podes perderte a charla que terá lugar no Salón de Actos do IES Illa de Tambo, o xoves 9 de novembro ás 19:30h. Organizado pola ANPA e máis pola Plataforma Feminista Galega.... Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑