A simple vista, pode resultar chocante a asociación das dúas palabras expresadas na cabeceira; podería mesmo suxerir unha contradicción entre elas, partindo da base de que -en principio- ‘turismo’ evoca lecer, diversión, mentres que ‘matemáticas’ ofrece unha mistura confusa de ásperas tarefas numéricas en modo algún apetecibles. En principio.
Porque, se ben estamos afeitos a viaxar na procura de descanso ou desconexión, seica hai persoas que pretenden convencernos de que, coas matemáticas na maleta, gózase máis dos lugares visitados. E algo de razón terán despois de anos de divulgación na Rede.
Grazas a eles, podemos adentrarnos no mundo matemático dun xeito práctico, mesmo lúdico, que engade valor ás nosas viaxes ao chamar a nosa atención sobre a presenza das matemáticas na maioría do que nos rodea, especialmente na arte ou na arquitectura.
Cómo? Desvelando o por qué dunha postura concreta nunha obra escultórica; dunha perspectiva nunha composición dese lenzo que sempre nos gustou; da altura daquela catedral… Mediante debuxos, esquemas superpostos sobre o obxecto interesado, ou percorridos guiados, facilítase o acceso a un coñecemento dun xeito atractivo (xa o dixemos: en principio, áspero).
E do mesmo xeito que dispor de información permite apreciar con maior satisfacción o destino da nosa viaxe, engadir a relativa á matemática abre un mundo de posibilidades.
Así o entenden dende profesores a asociacións, ou editoriais, que xa levan tempo difundindo mediante contidos virtuais, visitas guiadas, libros, etc, e o futuro desta actividade semella prometedor.
Evidentemente, dende o punto de vista matemático, atoparemos lugares máis documentados polo seu atractivo turístico, como La Alhambra, na que cada espazo contén patróns numéricos. Pero tamén a ‘humildade’ do enlousado dun paseo marítimo pode sorprendernos dende a simetría da súa decoración, pois o principal valor desta iniciativa reside na capacidade de ampliar a nosa visión do que nos rodea.
Engadir esta ‘capa’ de coñecemento á nosa bagaxe intelectual, coma se dunha transparencia se tratase, modificará substancialmente a percepción do lugar visitado, mais tamén da nosa contorna inmediata.
Outro xeito de ollar, de aprender, de coñecer, pode comenzar a golpe dun ‘clic’…
¿Cómo? Desvelando el por qué de una postura concreta en una obra escultórica; de una perspectiva en una composición de aquel lienzo que siempre nos gustó; de la altura de aquella catedral… Mediante dibujos, esquemas superpuestos sobre el objeto interesado, o recorridos guiados, se facilita el acceso a un conocimiento de una manera atractiva (ya lo dijimos: en principio, áspero).
Deixar unha resposta