Semente

Somos habitantes dunha terra vizosa, consumimos produtos hortofrutícolas; estamos, polo tanto, directamente relacionados cun medio natural que fornece de alimentos dende o inicio da civilización humana. E desa relación naceu un equilibrio cada día máis difícil a causa da primacía da cultura urbana coa súa propensión a esquecer o coñecemento da natureza obtido tras séculos de adaptación.

Somos urbanos.

A evidencia da despoboación rural, desprazando ás cidades aos descendentes dos derradeiros agricultores, gandeiros, muiñeiros, carpinteiros, e tantos e tantos outros oficios vencellados á terra, resulta en grandes aglomeracións urbanas xeneradoras de desequilibrios sociais cun crecemento insostible no tempo. Ao mesmo tempo, desforestación, terra estéril, incendios, e avance da desertización dende o Sur son algunhas das consecuencias da irresponsabilidade na xestión do territorio, mais tamén do desapego cara todo aquelo que supoña renunciar ás bondades prometidas polo avance tecnolóxico.

E a medida que o ser humano deixa atrás a cultura da terra seguindo a nova fé tecnocrática, abandoa con aquela un dos piares fundamentais da nosa alimentación.

Daí que a dependencia da sociedade dos alimentos preparados é cada vez maior, grazas aos intereses das grandes empresas produtoras que difunden a falsa imaxe dun estilo de vida saudable; as mesmas que controlan a distribución mundial de sementes son as grandes beneficiarias da nosa deficiente memoria, aínda que os seus métodos de convicción merecen outro artigo…

Asimesmo, os pequenos habitantes das grandes cidades consumimos a diario alimentos envasados, xenerando refugallos non recuperables nunha elevada porcentaxe; e o que resulta máis inaceptable: desperdiciamos alimentos antes, durante, e despóis da súa distribución. Un dano acumulable, e nalgúns aspectos irreparable.

Non embargantes, ás veces xurden voces individuais ou colectivas a prol da recuperación daquela relación perdida co medio que alimentou a nosa evolución, deixando atrás a visión bucólica dunha natureza acolledora de paseos dominicais, hoxe materializada en parte no asentamento na contorna urbana de vivendas pseudo-rurais.

As propostas veñen -unha vez máis- de alén das nosas fronteiras (unha mostra máis da inutilidade deste término), e si nun primeiro momento foron as hortas urbanas individuais a punta de lanza, hoxe o reto é a conformación dun espazo urbano e periurbano baseado no aproveitamento agrícola como alicerce dunha cultura que deberá mudar os seus hábitos de consumo cara a un modelo de responsabilidade co medio natural. O obxectivo debería ser acadar unha convivencia equilibrada entre medio urbano e rural, xa que desa nova relación nacerían novas xeneracións portadoras dun coñecemento a protexer facéndoo perdurable mediante a súa posta en prácica.

Malia a pretensión dalgunhas culturas, xa non somos cazadores, senón recolectores.

Mediante un sinxelo exercicio pódese comprobar cómo de alonxados estamos do noso pasado: hoxe na nosa vila é prácticamente imposible atopar froita producida nas terras inmediatas, mentres as mazás da China, ou os kiwis da Arxentina ateigan os andeis a prezos irrisorios. Semella anecdótico, mais unha pequena horta urbana no balcón é un comenzo.

[No Día do Traballo]

Imaxe: Freepik

Somos habitantes de una tierra fructífera, consumimos productos hortofrutícolas; estamos, por lo tanto, directamente relacionados con un medio natural que proporciona alimentos desde el inicio de la civilización humana. Y esa relación dió lugar a un equilibrio cada día más difícil a causa de la primacía de la cultura urbana con su propensión a olvidar el conocimiento de la naturaleza obtenido tras siglos de adaptación.

Somos urbanos.

La evidencia de la despoblación rural, desplazando hacia las ciudades a los descendientes de los últimos agricultores, ganaderos, molineros, carpinteros, y tantos y tantos otros oficios vinculados a la tierra, resulta en grandes aglomeraciones urbanas generadoras de desequilibrios sociales, con un crecimiento insostenible en el tiempo. Al mismo tiempo, desforestación, tierra estéril, incendios, o avance de la desertización desde el Sur son algunas de las consecuencias de la irresponsabilidad en la gestión del territorio, pero también del desapego hacia todo aquello que suponga renunciar a las bondades prometidas por el avance tecnológico.

Y a medida que el ser humano deja atrás la cultura de la tierra siguiendo la nueva fé tecnocrática, abandona con aquella uno de los pilares fundamentales de nuestra alimentación.

De ahí que la dependencia de la sociedad de los alimentos preparados sea cada vez mayor, gracias a los intereses de las grandes empresas productoras que difunden la falsa imagen de un estilo de vida saludable; las mismas que controlan la distribución mundial de semillas son las grandes beneficiarias de nuestra deficiente memoria, aunque sus métodos de convicción merecen otro artículo…

Asimismo, los pequeños habitantes de las grandes ciudades consumimos a diario alimentos envasados, generando desechos no recuperables en un elevado porcentaje; y lo que resulta más inaceptable: desperdiciamos alimentos antes, durante, y después de su distribución. Un daño acumulable, y en algunos aspectos irreparable.
Sin embargo, a veces surgen voces individuales o colectivas a favor de la recuperación de aquella relación perdida con el medio que alimentó nuestra evolución, dejando atrás la visión bucólica de una naturaleza acogedora de paseos dominicales, hoy materializada en parte en el asentamiento en el entorno urbano de viviendas pseudo-rurales.

Las propuestas vienen -una vez más- de más allá de nuestras fronteras (una muestra más de la inutilidad de este término), y si en un primero momento fueron las huertas urbanas individuales la punta de lanza, hoy el reto es la conformación de un espacio urbano y periurbano basado en el aprovechamiento agrícola como pilar de una cultura que deberá mudar sus hábitos de consumo hacia un modelo de responsabilidad con el medio natural. El objetivo debería ser conseguir una convivencia equilibrada entre medio urbano y rural, ya que de esa nueva relación nacerían nuevas generaciones portadoras de conocimiento a proteger haciéndolo perdurable mediante su puesta en práctica.

A pesar de la pretensión de algunas culturas, ya no somos cazadores, sino recolectores.

Mediante un sencillo ejercicio se puede comprobar cómo de alejados estamos de nuestro pasado: hoy en nuestra villa es prácticamente imposible encontrar fruta producida en tierras inmediatas, mientras las manzanas de China, o los kiwis de Argentina llenan las estanterías a precios irrisorios. Parece anecdótico, pero una pequeña huerta urbana en el balcón es un comienzo.

[En el Día del Trabajo]

2 opiniones sobre “Semente

Add yours

  1. Moi interesante artigo. Eu teño a sorte de traballar nun centro onde se poñen en valor os produtos “quilómetro cero”xa qe hai unha horta escolar que existe grazas ao trabllo sen horarios de varios profesores e alumnos. Axunto o enlace : http://www.cifpcarlosoroza.es/?p=3379.

    Feliz día do traballo !

    2017-05-01 10:05 GMT+02:00 ANPA Mariñán :

    > anpamarinan posted: “Somos habitantes dunha terra vizosa, consumimos > produtos hortofrutícolas; estamos, polo tanto, directamente relacionados > cun medio natural que fornece de alimentos dende o inicio da civilización > humana. E desa relación naceu un equilibrio cada día máis di” >

    Gústame

  2. Esa sí que é semente, Paula!
    Porque aínda que co artigo a intención é axudar a tomar conciencia sobre pequenas decisións no consumo diario que poden contribuir a mellorar o noso futuro, iniciativas como a do centro Carlos Oroza axudan a non perder o norte.
    Grazas pola aportación!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: