Día Internacional dos Bosques

Deixando de lado o eterno debate sobre a elección dun único día ao ano para chamar a atención a prol de determinados aspectos que poidan precisar apoio social, hoxe -á entrada da primaveira- é un fermoso día para reivindicar o papel que os bosques e máis a auga xogan no noso futuro.

Polo tanto, recollemos a idea da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e máis a Alimentación, FAO (Food and Agriculture Organization polas súas siglas en inglés), para axudar a mellorar a percepción sobre o papel que os bosques desenvolven na producción de auga no noso planeta.

Dende o noso Blog animámosvos a que, nestes días de lecer, afondedes no voso coñecemento sobre eses aspectos simplemente observando a vosa contorna natural. Despóis, propoñémosvos algunhas interesantes actividades que a FAO aporta na súa web.

Sen embargo, ás veces, estes obxectivos semellan lonxanos, e queremos aportar tamén algo máis próximo, sumándonos á proposta do blog ‘Defende o Monte Pituco (Pornedo)’, difundindo a publicación “Pontevedra: as árbores da cidade“, elaborado por Amancio Castro e Jaime Blanco, que inclúe un inventario da flora arborescente e ornamental do concello de Pontevedra. Veremos algún día algo semellante na nosa vila?.

——————-

Dejando de lado el eterno debate sobre la elección de un único día al año para llamar la atención a favor de determinados aspectos que puedan necesitar apoyo social, hoy -a la entrada de la primavera- es un hermoso día para reivindicar el papel que los bosques y el agua juegan en nuestro futuro.

Por lo tanto, recogemos la idea de la Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentaación, FAO (Food and Agriculture Organization, por sus siglas en inglés), para ayudar a mejorar la percepción sobre el papel que los bosques desarrollan en la producción de agua en nuestro planeta.

Desde nuestro Blog os animamos a que, en estos días de descanso, ahondéis en vuestro conocimiento sobre esos aspectos simplemente observando vuestro entorno natural. Después, os proponemos algunas interesantes actividades que la FAO aporta en su web.

Sin embargo, a veces, estos objetivos parecen lejanos, y queremos aportar también algo más próximo, sumándonos a la propuesta del blog ‘Defende o Monte Pituco (Pornedo)’, difundiendo la publicación “Pontevedra: as árbores da cidade”, elaborado por Amancio Castro y Jaime Blanco, que incluye un inventario de la flora arborescente y ornamental del ayuntamiento de Pontevedra. ¿Veremos algún día algo semejante en nuestra villa?.

2 opiniones sobre “Día Internacional dos Bosques

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: