Titorial para a instalación da app abalarMobil

Coñecedes a aplicación abalarMóbil da Xunta de Galicia? Sabedes que podedes intercambiar información co centro educativo dende o voso teléfono móbil?

Pois sí, e ademáis é de balde e moi sinxela de manexar para coñecer as faltas de asistencia, solicitar citas de titoría, etc. Podedes botar unha ollada á páxina do Espazo Abalar https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil para facervos unha idea.

Pola nosa banda, nesta publicación, explicaremosvos paso a paso cómo instalar a aplicación dende un teléfono móbil con sistema Android (na web do Espazo Abalar e na ligazón que indicamos ao remate podedes consultar o procedemento para o IOS).

Comezamos lembrando que o único requerimento é ter rexistrado un número de teléfono móbil no centro educativo, e que xa esté aceptado.

En primeiro lugar accedemos a Play Store…

Para localizar a aplicación abalarMóbil tecleamos o nome no buscador…

Premendo nela, ábrese a aplicación coa opción de Instalar; prememos…

Preséntansenos os permisos… aceptamos se non temos inconvinte…

A instalación comeza automáticamente, agardamos mentres se leva a cabo e, ao remate, podemos abrir a aplicación ben dende Play Store

…ou premendo na icona que figura xa nalgunha das nosas pantallas.

Unha vez aberta, en primeiro lugar introduciremos o noso número de teléfono e prememos Enviar…

Transcorridos uns segundos deberiamos recibir unha mensaxe SMS con un código de 9 díxitos. Accedemos á nosa carpeta de mensaxes de texto, abrimos a mensaxe, e premendo durante 1 segundo sobre o código copiámolo no portapapeles (tamén podemos memorizalo para escribilo no espazo de abalarMóbil).

   

Regresamos á aplicación, pegamos o código no espazo Código recibido, e prememos Enviar código…

Ao aceptarse, cambia a pantalla, e só resta introducir un contrasinal que servirá para que poidamos acceder cada vez de xeito seguro á aplicación.

screen322x572

É importante que antes de saír da aplicación cada vez finalicemos premendo en ‘Pechar sesión’.

Listo! Esperamos que vos resultara doado; e para máis comodidade, eiquí tendes unha guía moi sinxela que vos conta tamén cómo manexar a aplicación para sacarlle máis partido: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf, e un vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=_7SkyNklCoU

Vémonos!

——————

Conocéis la aplicación abalarMóbil de la Xunta de Galicia? Sabéis que podéis intercambiar información con el centro educativo desde vuestro teléfono móvil?

Pues sí, además es gratis y muy fácil de manejar para conocer las faltas de asistencia, solicitar citas de tutoría, etc. Podeis echar un vistazo a la página del Espazo Abalar https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil para haceros una idea.

Por nuestra parte, en esta publicación, os explicaremos paso a paso cómo instalar la aplicación desde un teléfono móvil con sistema Android (en la web del Espazo Abalar y en la dirección que indicamos al final podeis consultar el procedimiento para IOS).

Comenzamos recordando que el único requerimiento es tener registrado un número de teléfono móvil en el centro educativo, y que ya esté aceptado.

En primer lugar accedemos a Play Store…

Para localizar la aplicación abalarMóbil tecleamos el nombre en el buscador…

Pulsando en ella aparece a opción Instalar; pulsamos…

Se nos presentan los permisos… aceptamos…

La instalación comienza automáticamente, esperamos mientras se lleva a cabo y, al terminar, podemos abrir la aplicación bien dende Play Store, o pulsando en el incono que figura ya en alguna de nuestras pantallas.

Una vez abierta, en primer lugar introduciremos nuestro número de teléfono y pulsamos Enviar…

Transcurridos unos segundos deberíamos recibir un mensaje SMS con un código de 9 dígitos. Accedemos a nuestra carpeta de mensajes de texto, abrimos el mensaje, y pulsando durante 1 segundo sobre el código lo copiamos en el portapapeles (también podemos memorizarlo para escribirlo en el espacio de Abalar Móbil).

Regresamos a la aplicación, pegamos el código, y pulsamos Enviar código…

Al aceptarse, cambia la pantalla, y sólo falta introducir una contraseña que servirá para que podamos acceder cada vez de forma segura a la aplicación.

Es importante que antes de salir de la aplicación cada vez finalicemos pulsando en ‘Cerrar sesión’.

¡Listo! Esperamos que os haya resultado fácil; y para mayor comodidad, aquí tenéis una guía muy sencillita que os cuenta también cómo manejar la aplicación para sacarle más partido: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-castellano.pdf, e un vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=_7SkyNklCoU

¡Nos vemos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: